viernes, 21 de octubre de 2016

NATACIÓN SINCRONIZADA





A natación sincronizada é unha disciplina que combina natación, danza e ximnasia, consistente en nadadoras na auga realizando unha serie de movementos elaborados ao ritmo da música.
Inicialmente feminina , foi gradualmente transformándose nun deporte masculino. Este deporte demanda grandes habilidades acuáticas, e require resistencia física e flexibilidade, graza, arte e precisión no uso do tempo, así como un excepcional control da apnea baixo a auga.

Actualmente engadiuse a disciplina de dúos mixtos debido a demanda de rapaces en querer competir. O primeiro en empezar profesionalmente na natación sincronizada foi o estadounidense Bill May ao que se uniu o francés Benoit Beaufilis, para demostrar que un rapaz pode ter o mesmo nivel que unha chica neste deporte.

España tamén presentou o seu dúo mixto formado por Pau Ribes, o catalán de 19 anos, a veterana Gemma Mengual que volveu a competición despois da súa retirada. 


EQUIPOS:                                                                                                                                                                                                                       
INDIVIDUAL O SOLO:

As nadadoras crean exercicios ou rutinas facendo combinacións de posicións básicas e transicións creativas para moverse dun lado a outro da piscina xa que os exercicios deben facerse recorrendo a mesma en toda a extensión.

DÚOS:

Os dous esixen unha perfecta coordinacións das dúas nadadoras,ademais dunha boa organización co corpo dunha compañeira.